sábado, 17 de noviembre de 2012

Cleptopía: fabricantes de burbujas y vampiros financieros "en la era de la estafa", Matt Taibbi


Taibbi, Matt. Cleptopía : fabricantes de burbujas y vampiros financieros en la era de la estafa. Madrid : Ediciones Lengua de Trapo, 2011. 399 p.

Considerado po boa parte da crítica norteamericana (Time, The Washington Post, The New York times...) un dos mellores libros sobre as causas da crese financeira actual, Cleptopía é un relato preciso, cheo de humor negro e non pouca mala leite, dos acontecementos e tamén dos nomes e apelidos que levaros á caída e posterior salvamento público da economía norteamericana. Dende a historia dese "capullo" de Alan Greenspan até a estafa de Obama coa lei sanitaria, pasando polas "subprime", a salvaxe especulación nos mercados de alimentos e, claro, o mafioso comportamento da banca -comezando por Goldman Sachs-...ninguén nin nada queda ao abeiro da poderosa escritura de Matt Taibbi e do descarnado retrato que fai da sala de máquinas do capitalismo financeiro e dos seu dominio sobre a política contemporánea. Se alguén quere saber qué pasou -e quen fixo que pasara- na última e aínda presente crise económica, este é o libro...que se le ademais, como unha boa novela [información tirada da contracapa do libro. Tradución propia]



Agardamos as túas reflexións sobre esta obra 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falemos da crise