sábado, 17 de noviembre de 2012

Cómo salimos de esta: hoja de ruta del futuro de la economía, Nouriel Roubini y Stephen Mihm.


Cómo salimos de ésta : hoja de ruta del futuro de la economía, por el experto que predijo la crisis mundial, Nouriel Roubini e Stephen Mihm ; traducción de Eva Robledillo y Betty Trabal. Barcelona : Destino, 2010. 567 p.

No 2009, Dick Cheney, vicepresidente dos Estados Unidos con Bush, asegurou que nin seu gobernon "nin ninguén" tiña visto vir a grande crise. Non era verdade. O 7 de setembro de 2006 o economista Nouriel Roubini sorprendera a todos ao asegurar que iamos entrar nunha profunda depresión, e iso foi o que pasou ao cabo de dous anos. Tamén acertara ao predicir o estourido da burbulla inmobiliaria e cando, a comezos de 2008, anunciou a inminente caída de dous colosos das finanzas: ao pouco, Bear Stearn malvendía súas accións e, en setembro, quebraba Lehman Brothers. Agora, este novo e agardado libro -o primeiro do autor en España- roubini, xunto con Stephen Mihn, outro reputado experto, plantexan cómo sair do pozo. O lector atopará nesta obra un sinal do futuro, que se prevé positivo "se os políticos e lexisladores recoñecen que para enfrontarse a unha crise hai que ter unha visión de conxunto e implementar algunhas reformas radicais. Calquer outra cousa-conclúen-seria como volver a colocar as butacas na cuberta do Titanic". Entre outras medidas, os autores propoñen modificar o sistema de indemnizacións aos directivos, o proceso de titulización financeira e o papel das axencias de calificación. Avogan por decisións enérxicas en relación aos derivados -verdadeiras "armas financeiras de destrución masiva"- e a regulación e supervisión bancaria. Toman posicións críticas sobre as corporacións consideradas "demasiado grandes para crebar"- as famosas "too big to fail" que na súa opinión deben ser desmembradas- e reclaman a intervención do goberno para desactivas burbullas predecibles, de desastrosas consecuencias económicas. 


Na Biblioteca da Universidade de Vigo temos exemplares dispoñibles. 

Fai a túa lectura e comparte con nós as túas reflexións. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falemos da crise