viernes, 16 de noviembre de 2012

Desobediencia civil y otros escritos, H. Thoreau.


Desobediencia civil y otros escritos / Henry D. Thoreau ; estudio preliminar de Juan José Coy ; traducción de Mª Eugenia Díaz. Madrid : Tecnos, 2006. 111 p.

A obra literaria de Henry D. Thoreau é ampla e heteroxénea. Cultivou o ensaio extenso, o xénero oratorio, a poesía, e dedicou boa parte do seu tempo á construción do seu diario (1837-1861). Dos seus catorce volumes, existe unha edición de 1906 que se pode considerar completa. Con motivo do seu centenario en 1962 reeditouse esta obra fundamental. As súas reflexións personais as vai ir elaborando pouco a pouco: de aí saen seus discursos e ensaios cortos, donde toma partido decidido a favor da liberdade, a individualidade, a xustiza, o abolicionismo, o sentido ético do comportamento persoal e colectivo, a resistencia decidida a canto se opoña a todo iso. Dentro destas cordenadas hai que entender os catro ensaios agrupados neste volume, que ilustran, de xeito admirable, esa síntese dialéctica entre soidade individual e solidaridade social á que o entrañable Thoreau soubo chegar, na súa vida e na súa obra. (información tirada da contracapa do libro)

Consulta este libro na Biblioteca da Universidade de Vigo e participa no debate compartindo as túas conclusións

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falemos da crise